Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Pol recuperan o supermercado grazas a unha iniciativa municipal

Os veciños de Pol recuperan o supermercado grazas a unha iniciativa municipal

O negocio estivo case dous anos pechado, o que obrigaba aos residentes a ter que facer a compra en localidades situadas a 15 quilómetros de distancia

G24.gal 19/12/2025 20:49

Na primeira semana de apertura, a visita ao supermercado de Pol case é obrigatoria. 

Antes, para mercar os veciños tiñan que se desprazar uns quince quilómetros. 

O supermercado foi adquirido por unha iniciativa municipal, a través dunha fundación, para ofrecer un servizo aos veciños, que agradecen que o supermercado esté aberto de novo. 

Pechara hai case dous anos, cando o dono se xubilou. Da emprego a tres persoas, coa intención de amplialo no futuro.

Un negocio que ademais de dar servizo ao pobo dinamiza a localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade