Publicador de contidos

Publicador de contidos

Venden unha illa na ría de Pontevedra por 300.000 euros

Venden unha illa na ría de Pontevedra por 300.000 euros

O illote ten 3.000 metros cadrados, pero non se pode construír nel

G24.gal 19/08/2022 14:49

Ter unha illa en propiedade semella cousa de multimillonarios pero non é tal. Na parroquia de Ardán, en Marín, en plena ría de Pontevedra, véndese a illa do Santo por 300.000 euros negociables. Menos do que custa un piso no centro da Coruña ou en Vigo tal e como apuntaba un veraneante. Un prezo bastante alcanzable para tratarse dunha illa que fixo que moitos deixasen voar a súa imaxinación.

O problema é que os tres mil metros cadrados que mide a illa non son urbanizables polo que moitos non lle ven valor.

Así e todo, os veciños da zona non poden concibir que este espazo natural sexa de titularidade privada. Din que o ideal sería que o comprase a Xunta ou o Estado.

Costas intentou comprar a illa hai uns anos pero os propietarios rexeitaron a oferta porque segundo nos dixeron era moi baixa.

A illa do Santo, tamén coñecida como illa de San Clemente pola capela en ruínas que hai nela, leva en venda nun portal inmobiliario algo máis dun mes. De momento, os propietarios non recibiron ningunha oferta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade