Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Galicia quedan 35 concellos libres de covid, todos no ámbito rural

En Galicia quedan 35 concellos libres de covid, todos no ámbito rural

Os municipios sen casos pertencen ás provincias da Coruña, Lugo e Ourense

G24.gal 19/12/2021 13:42

A medida que se estende a sexta vaga, cada día son menos os concellos que quedan en Galicia libres de covid. De feito, só hai 35 concellos sen infeccións rexistradas, e todos pertencen ao ámbito rural

Esta domingo apenas había xente pola rúa en Paradela. É un dos municipios lugueses nos que non hai persoas contaxiadas. Para tentar manter a situación, a veciñanza asegura que vai seguir a coidarse con vistas ao Nadal. O rexedor, Xosé Manuel Mato, sabe que hai que estar alerta.

"É unha sorte pero somos conscientes de que, estando nun momento bo, en 24 ou 48 horas podemos pasar a estar nunha situación complicada. Hai que lembrar que hai un ano e pico chegamos a estar, xunto con Arteixo, que pareciamos unha noticia internacional".

Na provincia de Lugo, tampouco hai covid en Ourol, Xermade, A Pontenova, Riotorto, Negueira de Muñiz, Cervantes, Triacastela, O Valadouro e O Incio. O alcalde deste último concello, Héctor Corujo, sabe que se trata dunha foto fixa que pode mudar en calquera momento.

"Con calquera xuntanza familiar, unha matanza, alguén que vai de compras neste período do Nadal, esta situación pode reverter dun día para outro".

A provincia de Ourense conta con 16 concellos libres de coronavirus.; na da Coruña hai 8; e na de Pontevedra non hai ningún municipio sen casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos