Publicador de contidos

Publicador de contidos

A frota galega urxe a prorrogar a bonificación dos 20 céntimos ao combustible

A frota galega urxe a prorrogar a bonificación dos 20 céntimos ao combustible

Advirten de que, se non é así, os barcos terán que parar 

Os armadores de Vigo xa comezaron a facer abastecemento de combustible

G24.gal 15/11/2022 14:08

As empresas tratan de pechar acordos para a adquisición de combustible do próximo ano. Ante a posibilidade da fin da bonificación dos vinte céntimos os armadores enchen os depósitos para as próximas campañas. 

Para os máis pequenos cun consumo diario de 500 litros ata os barcos máis grandes con 7.000 litros diarios, o combustible xa é un dos principais gastos do sector. Prescindir da bonificación acabaría coa rendibilidade da frota.

A posta en marcha da axuda foi clave para o sector que nalgúns casos tivo que parar a súa actividade ata que se concretara a medida. Urxen o Goberno central a que prorrogue a bonificación para poder seguir traballando. 

O sector agarda por parte do Executivo que antes de suspender a medida os escoiten e se reúnan con eles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade