Os tres bombeiros feridos en Oímbra ingresan na unidade de queimados do CHUAC
Teñen afectado entre o 40 e o 15 por cento do corpo, con prognóstico moi grave, e ademais están sendo tratados por inhalación de fume

Catro bombeiros quedaron feridos nos incendios que afectan a provincia de Ourense, tres deles no que se rexistra en Oímbra. Estes últimos permanecen ingresados no complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC), na Unidade de Queimados dado o tipo de lesións que presentaban.
Segundo o parte médico facilitado, os feridos son un mozo de 18 anos, con queimaduras no 40 % do corpo, un de 23 anos, con afectación no 15 % da superficie corporal, e outro de 25 anos, tamén con queimaduras no 15 % do corpo. Os tres están sendo tratados ademais por inhalación de fume e o seus prognósticos son moi graves.
O cuarto ferido produciuse no incendio de Santiso, en Maceda, levou un golpe.