Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos falan dun seguimento "masivo" da folga en España; o Sergas di que en Galicia pararon o 18%

Os médicos falan dun seguimento "masivo" da folga en España; o Sergas di que en Galicia pararon o 18%

Médicos de toda España inician unha folga que durará catro días

En atención primaria, a Xunta rebaixa ao 6,4% a participación na folga

Protesta de médicos diante do CHUS, en Santiago de Compostela (Europa Press)
G24.gal 09/12/2025 14:50

Aos médicos non lles serve o Estatuto marco que o ministerio prepara para todos os profesionais da sanidade. Reclaman un documento específico para a súa categoría "porque somos os únicos profesionais da sanidade que traballamos máis de corenta horas semanais, de feito, traballamos o que nos boten", segundo indica Ana Giménez, presidenta dun dos sindicatos convocantes do paro, AMYTS. 

Como as súas gardas son de obrigado cumprimento, os facultativo denuncian que a súa xornada pode chegar ás 70 horas semanais.

"E por riba, páganse menos que as de xornada ordinaria e non contan para a xubilación", indican os sanitarios.

Por esta razón, piden que se remuneren como horas extraordinarias. Tamén esixen a supresión das gardas de 24 horas, como son agora. Na opinión dos manifestantes, "é un risco para a nosa saúde e para a seguridade dos pacientes".

Pero a ministra de Sanidade, Mónica García, non dá o brazo a torcer: di que esas demandas "están no tellado das comunidades autónomas". Ao ministerio "non se lle pode pedir que invada competencias", asegurou García na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Pola súa parte, Ester Muñoz, voceira do PP no Congreso, esíxelle a Pedro Sánchez "que se poña á fronte de todo isto e que resolva o problema que creou a súa ministra".

O paro durará catro días. En Galicia, os convocantes falan dun seguemento "masivo" do paro. O Sergas calcula que o seguimento da folga na quenda de mañá deste martes foi do 18%, unha cifra que o sindicato O´Mega eleva ao 80%.

Os datos do Sergas

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Sergas, na quenda de mañá, foi do 23,28%. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 19,52%. No seu conxunto, a actividade hospitalaria contou cunha participación na folga do 22,96%.

En atención primaria, a Xunta rebaixa ao 6,4% a participación na folga celebrada este 9 de decembro.

Por hospitais, o paro foi secundado por: o 24,62% no caso do Chuac; o 16,84% no CHUS; o 22,25% no CHUF; o 25,53% no HULA; o 21,59% no CHUOU; o 24,83% no CHOP; e o 27,92% no Chuvi.

O Sergas indica que conta cunha cobertura do 100% dos servizos mínimos, co que se garante a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

En cambio, os datos de O'Mega de seguimento son os seguintes: do 84,1% no Chuac; do 83% no CHUS; do 80% no HULA; do 83,8% no CHUOU; do 82% no CHOP; do 83,8% no Chuvi. Así mesmo, cifra por encima do 70% o seguimento en atención primaria en todas as áreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade