Publicador de contidos

Publicador de contidos

En estado grave un home tras ser acoitelado na Coruña

En estado grave un home tras ser acoitelado na Coruña

O agredido está ingresado na UCI do CHUAC

Restos de sangue no lugar onde se produciu a agresión Restos de sangue no lugar onde se produciu a agresión
G24.gal 22/05/2023 12:44 Última actualización 22/05/2023 12:53

A Policía Nacional investiga unha agresión a un home no barrio coruñés do Ventorrillo. O home está ingresado con prognóstico grave na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Cando os servizos de urxencias chegaron ao lugar dos feitos atoparon o home sangrando e con lesións cortantes. Os investigadores aínda non puideron confirmar se as feridas foron producidas por arma branca.

Polo momento non hai ningún detido relacionado co caso. As forzas de seguridade tratan de esclarecer as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade