Brais Abelenda ten fame de Copa (1-3)
O Pontevedra remonta en Manresa cun dobrete do xogador de Val do Dubra
Non puido comezar peor o partido para o Pontevedra co autogol de Víctor Vázquez aos 8 segundos de partido. Pero conseguiu remontar o equipo de Antonio Fernández, moi superior ao Manresa. No primeiro tempo marcaron Brais Abelenda e Yelko Pino, e na segunda metade repetiu o dianteiro de Val do Dubra. O Manresa puido meterse no partido pero Javi López estragou un penalti a dez minutos do final.
Minuto a minuto
Equipo moi competitivo o que presenta o Pontevedra. Xogan Cortés, Bastos, Churre, Román, Brais, Rufo, Yelko, Oier, Rubio, Seoane e Luis Martínez
Oito segundos e xa perde o Pontevedra!!!!!! Gol en propia porta de Víctor Vázquez
Boa reacción do Pontevedra con achegamentos conducidos por Yelko Pino pero sen remates a portería
Moitos centros sobre a área buscando a Rufo pero sen remate. Acaba de rematar Diego Seoane moi alto
GOOOL do Pontevedra. Centro do Oier Calvillo e remate á rede de Brais Abelenda
GOOOOL de Yelko. Dous goles en catro minutos poñen en vantaxe o Pontevedra (1-2)

Descanso en Manresa. O Pontevedra remontou o tanto inicial do equipo catalán cos goles de Brais e Yelko que podedes ver no video
GOOOL de Brais Abelenda, o segundo da súa conta (1-3)
Penalti para o Manresa que falla Javi López ... E na contra ocasión clarísima que estraga Rufo. Puido marcarse o 2-3 e o 1-4
Final do partido. O Pontevedra é o primeiro equipo galego que estará na segunda eliminatoria