Lodi castiga o Celta con dúas gadoupadas (2-0)
Lodi castiga o Celta con dúas gadoupadas (2-0)
Minuto a minuto
Boa noite! O Celta busca unha vitoria como visitante, que non se produce desde o primeiro encontro do ano no Villamarín
Coudet repite a aliñación titular que empatou a uns contra o Levante o pasado luns en Balaídos
Os nosos 💪🔥💙 AFOUTEZA!#AtletiCelta #RCCelta pic.twitter.com/nih6nVAXO4
— RC Celta (@RCCelta) February 26, 2022
Comezou o partido no Wanda!
Pedía penalti Lodi logo de pisar liña de fondo, non o considerou así Hernández Hernández
Evitou Reinildo o gol do Celta!
Gran contra do Celta, cedeu Denis para Cervi logo dunha gran triangulación con Brais. O arxentino estrelou o seu remate no defensor do Atlético de Madrid, moi clara a ocasión do Celta
Deu o susto Aspas logo dunha entrada moi forte de Giménez, que lle pisou o nocello ao de Moaña
Semella que vai poder continuar malia ter unha ferida aberta con sangue. E Hernández Hernández que malia todo amosoulle o cartón amarelo...
Fóra Vrsaljko!
Chegou con perigo agora o Atlético de Madrid. O disparo do lateral marchou á dereita da portería de Dituro
Sufrindo algo máis o Celta agora, achicando auga nas acometidas dos de Simeone
Despexou agora Aidoo un pase da morte de Llorente
Gol de Lodi para o Atlético
O brasileiro sorprendeu a Dituro practicamente polo único oco que había entre Mallo e o gardamallas. De feito o balón tocou no capitán do Celta antes de entrar
Non chegou Mina!
Tentou o pase da morte Aspas pero non chegou o dianteiro vigués. Tenta reaccionar o Celta da mazada do primeiro tanto local
Galáaaaaan... fóra!!!
A piques estivo o lateral esquerdo do Celta de marcar un auténtico golazo, pero a súa volea sen deixala caer marchou a rentes do longueiro
Tempo de lecer no Wanda, gaña o Atleti grazas ao gol de Lodi no minuto 36.
Os de Coudet, que apertaron nos minutos finais na procura do empate, tiveran nas botas de Cervi o primeiro tanto. Despois Galán acariñou un auténtico golazo
Comezou a segunda parte!
A QUE ACABA DE TER O CELTA!
Córner que prolonga Joao Félix sen querer ao segundo pau e non chegou Aidoo por moi pouco
Outro bo centro de Aspas a partir dunha falta lateral e outra vez o Celta xerando perigo nese aspecto
Non valía a xogada por fóra de xogo de Santi Mina. Domina o Celta este inicio do segundo tempo
Gol de Lodi, fai o seu segundo tanto o brasileiro atopando un oco ás costas na defensa celeste
O pase de Kondogbia rompeu dúas liñas, revisou o VAR a posición do goleador pero Galán habilita coa súa posición
Eran os mellores minutos do Celta na procura do empate cando recibe a segunda mazada
Parou Dituro!
Boa contra do Atlético, tivo que sacar unha boa man o gardamallas do Celta ao disparo de Carrasco
Outra gran parada de Dituro!
Fóra de combate o Celta no Wanda
A piques de marcar Griezmann o terceiro dende a frontal
E outra do dianteiro francés nunha falta, pasou a rentes do longueiro
O Celta leva moitos minutos sen ningunha capacidade de resposta
Tira de orgullo Galán para chegar a liña de fondo pero non consegue centrar. Haberá 5 minutos de desconto
Lodi foi o protagonista da derrota do Celta, o brasileiro anotou dous grandes goles nese novo rol que Simeone lle deu como extremo esquerdo.
O Celta recibiu a segunda labazada nos mellores minutos e a partir de aí non tivo capacidade de resposta.