Publicador de contidos

Publicador de contidos

En corentena unha corza albina no monte de San Roque, en Viveiro

En corentena unha corza albina no monte de San Roque, en Viveiro

O animal encóntrase na reserva da comunidade de montes de San Roque

Trátase dunha cría, posiblemente expulsada da manda por mor da súa vistosidade

Debido ao seu carácter manso, esta rareza natural gañou a simpatía dos visitantes

Félix Aragunde 12/04/2023 14:21

A reserva de animais en semiliberdade da comunidade de montes de San Roque, en Viveiro, acolle dende hai días un raro exemplar de corzo, unha femia albina de varios meses. Debido á súa cor vistosa, crese que a cría foi abandonada pola súa manda, polo que é dócil.

Á espera do que decida a Consellería de Medio Ambiente sobre o seu futuro, permanece en corentena nestas instalacións.

Carlos Méndez, presidente da comunidade de montes de San Roque de Viveiro: "Un coche case a atropela, e un ciclista tamén tivo un susto con ela. Chamamos o Seprona, que nos preguntou se tiñamos onde coidala mentres non se decida o que se vai facer con ela". 

Juan Manuel Escudero, vogal da comunidade de montes de San Roque de Viveiro: "Ao ser branca, é moi visible no monte. Posiblemente a camda a expulsou do seu ámbito debido a que é un reclamo para os depredadores, e os lobos abundan por esta zona".

Debido ao seu carácter manso, esta rareza natural gañou a simpatía de cantos visitan a reserva de animais do monte de San Roque. De forma provisional, convive con exemplares de ovellas do Camerún, burros, ponis, cabras ou gamos.

José Morel, coidador dos animais: "Estabámoslle a dar o que comen os demais animaliños de aquí, pero hoxe deille herba tenra porque parece que aínda non se lle fai cómodo comer forraxe".

Felipe Martínez Mera, copropietario do Roq Park de Viveiro: "E encima, estes días de Semana Santa, que tivemos moita afluencia no parque, chamou moito a atención a corza albina, que é algo un pouco estraño. A xente paraba a ver e preguntaba que animal era".

De quedar na reserva, a corza albina compartiría con outros animais máis de catro hectáreas de monte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade