Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empresas familiares galegas: cando a remuda xeracional é un éxito

Empresas familiares galegas: cando a remuda xeracional é un éxito

Máis do 90 % das empresas galegas son familiares

Yolanda, continuadora do negocio familiar, coa súa nai Pilar, que o fundou hai 54 anos
G24.gal 08/06/2024 17:30 Última actualización 10/06/2024 18:23

Asociadas a sectores tradicionais como a pesca, a construción naval, as conservas ou a moda, para se manteren en activo actualmente afrontan a cada vez máis difícil remuda xeracional.

Algúns conségueno, e con éxito, como a empresa de Yolanda en Vigo e a saga dos Alonso en Lugo.

As mulleres son maioría na dirección das empresas familiares galegas, que representan máis do 92 por cento dos negocios asentados en Galicia. Son oitenta mil firmas, a maioría pequenas, que empregan en total 447.000 traballadores. Só en 2022 facturaron 96.000 millóns de euros.

Para a Asociación Galega de Empresa Familiar, estas diferéncianse, sobre todo, en ser de sectores considerados tradicionais e en estar máis internacionalizadas ca a media española.

Á hora de encontrar un continuador, pesa sobre todo que forme parte da familia e teña experiencia profesional na propia empresa, antes que a formación universitaria ou ter traballado noutros negocios. En Cafés Candelas a remuda xeracional nunca chegou a ser un problema, como agardan que siga sendo coa terceira xeración.

A empresa de Yolanda, cunha soa traballadora, ou a dos curmáns Enrique e Ramón, con 330, forman parte das empresas galegas que logran pasar da primeira xeración. Elas concentran o 64 % do emprego privado en Galicia, cun 81 % dos postos de traballo fixos e o 73 % da facturación total.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade