Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empregan a tapa dun sumidoiro para romper a porta e roubar nunha xoguetería de Ourense

Empregan a tapa dun sumidoiro para romper a porta e roubar nunha xoguetería de Ourense

O ladrón actuou con rapidez e só levou a caixa rexistradora, que apareceu tirada nunha rúa próxima

O propietario da xoguetería amosa os cuantiosos estragos que o ladrón deixou no establecemento
G24.gal 06/05/2026 13:00

O ladrón empregou unha tapa dun sumidoiro para guindar contra a porta da xoguetería A Bufarda e acceder ao interior, aproveitando que a rúa está en obras e os sumidoiros destapados.

Carlos, o propietario, xa reparou a porta para poder recuperar a normalidade, pero garda fotos do desastre posterior ao asalto.

O ladrón actuou con rapidez. Foi directo ao mostrador, e arrincou a caixa rexistradora. O botín foi escaso, apenas uns 80 euros, pero os estragos que causou na tenda foron cuantiosos. O ordenador, a impresora, o lector de códigos e mesmo o router quedaron esgazados. A caixa rexistradora apareceu nunha rúa próxima, só coas moedas. O ladrón so levou os billetes.

A pesar do mal trago, Carlos queda co positivo que veu despois: a rápida intervención dos servizos de reparación, que lle repuxeron o cristal axiña, e a morea de mensaxes de apoio que recibiu.

Nos 21 anos de historia á fronte da xoguetería é a primeira vez que Carlos é vítima dun roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade