Empate a todo entre Compostela e Coruxo (1-1)
Con este resultado os dous equipos seguen igualados na táboa con 39 puntos
O Compostela e o Coruxo chegaban ao derbi empatados a puntos na táboa clasificatoria, pero con dinámicas totalmente contrarias. Os de Rodri Veiga como pior equipo da segunda volta, e os de Jacobo Montes como líderes.
Pero quen gozou do inicial foi o Compos. Superado o primeiro cuarto de hora, Jimmy invéntase unha fermosa parede con Escudero e engana a Alberto para adiantar o seu equipo no marcador.
E xusto despois do gol, ollade na ocasión que ten Jordan para ampliar a vantaxe. O poste salvou o Coruxo, e os vigueses aproveitaron a vida extra para empatar o partido.
Conexión entre Chiqui e Álex Ares e remate coa cabeza de Mateo para anotar o seu quinto gol este ano.
Na segunda parte baixou o ritmo, apenas tivemos achegamentos de perigo nin tiros entre os tres paus. Con esta acción defensiva de Roque remataba un partido que deixa a ambos equipos exactamente igual que comezaron a xornada, igualados a 39 puntos.