Publicador de contidos

Publicador de contidos

Emocionante encontro entre pacientes con ingresos especiais e as súas mascotas no Hospital de Ourense

Emocionante encontro entre pacientes con ingresos especiais e as súas mascotas no Hospital de Ourense

É unha iniciativa do CHUO pioneira en Galicia

O colexio de veterinarios de Ourense supervisa que todas os animais estean en condicións hixiénicas e sanitarias óptimas para poder entrar no hospital

G24.gal 30/01/2025 14:38 Última actualización 30/01/2025 15:07

Acaba de botar a andar no CHUO unha iniciativa pioneira en Galicia. Permiten o paso ao hospital de cans, sempre baixo unhas boas condicións hixiénicas e sanitarias, para que pacientes terminais ou con longas estadías poidan ver as súas mascotas. Os beneficios psicolóxicos e físicos para os doentes están comprobados.

Toni padece un grave problema vascular que dende hai catro anos o obriga a pasar moi longas tempadas ingresado. Cata e Togo son para el familia, poder velos no hospital dálle a vida.

Neste programa está implicado tamén o Colexio Oficial de Veterinarios, que revisa se a mascota é apta para entrar nun centro sanitario.

Un momento moi emocionante para todos os presentes neste encontro e moi beneficioso non só para o paciente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade