Cargando resultados...
Emerxencias libera unha muller tras envorcar co seu coche en Baiona
O accidente ocorreu na PO-552 e a condutora quedou atrapada no interior do vehículo
G24.gal
13/01/2026 19:58
Os servizos de emerxencias liberaron unha muller que quedou atrapada no coche que conducía tras envorcar en Baiona.
O accidente ocorreu no quilómetro 19 da PO-552, poucos minutos despois das dúas da tarde.
Un particular alertou o 112 Galicia ao ver un vehículo envorcado cunha persoa atrapada no seu interior.
O CIAE 112 Galicia mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES do Val Miñor e a Garda Civil de Tráfico.
O persoal sanitario atendeu a muller no lugar do accidente.