Elías Valiña, creador das frechas amarelas do Camiño
Un símbolo universal que acompaña os peregrinos ata Compostela
Son millóns de peregrinos os que nos últimos anos botaron a andar cara a Santiago. En ruta, a frecha amarela sempre os acompaña indicando por onde deben seguir pero cantos coñecen a quen se lle ocorreu poñelas? Porque non sempre estiveron aí .
"Non sei, estou pensando nos carmelitas, ou unha orde".
Pois ese nome é o do lucense Elías Valiña, que pintou a primeira alá polo ano 1984. Un dos párrocos do Cebreiro que empezou a pintalas para que os peregrinos non se perdesen.
E conseguiuno, dende Roncesvales ata Santiago. Pero por que escolleu a cor amarela. Aquí xa hai moitas teorías.
Todo isto e moito máis é o que se recolle nun documental, o primeiro sobre a figura deste párroco do Cebreiro como creador dun dos símbolos máis internacionais do Camiño.