Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elaboran unha tortilla xigante para promocionar a pataca de Xinzo de Limia

Elaboran unha tortilla xigante para promocionar a pataca de Xinzo de Limia

A terceira feira agrícola Alimagro aposta pola profesionalización do sector agrícola

A Limia é a maior produtora de patacas de Galicia, con 3.500 hectáreas sementadas

Hai preocupación entre os agricultores pola diminución da colleita por mor da seca

A tortilla xigante feita con 1.000 ovos e 150 quilos de patacas da Limia.
G24.gal 03/09/2022 22:00 Última actualización 04/09/2022 09:25

Na terceira edición da feira Alimagro, que se clausura ás 21:00 horas, Xinzo de Limia aposta pola profesionalización do sector agrícola converténdose nun escapatate de maquinaria, produtos fitosanitarios e industria da pataca frita, da que son todo un referente.

Ademais, este ano elaboraron unha tortilla xigante para promocionar o seu produto con máis sona: a pataca. Foi todo un reto darlle a volta, para o que unha empresa local deseñou unha tixola con tapa. 

Para facela, precisaron 1.000 ovos, 150 quilos de patacas da Limia e 25 de cebola. E a xente que a probou deulle o visto e prace á receita. 

Con 3.500 hectáreas sementadas, A Limia é a maior zona produtora de pataca en Galicia e comercialízase en toda España. Comezarán o forte da súa colleita a partir de mediados deste mes, coa preocupación de como vai reducir a seca a produción este ano. 

Terceira edición da feira agrícola Alimagro en Xinzo de Limia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade