Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dura derrota do Pontevedra no seu fortín contra o Mérida (1-5)

Dura derrota do Pontevedra no seu fortín contra o Mérida (1-5)

O Pontevedra acabou a cinco puntos da salvación a falta de que acabe a xornada

Foto: @Merida_AD
G24.gal 15/04/2023 21:17

Tardou en coller ritmo o partido en Pasarón entre o Pontevedra e o Mérida e cando o fixo foi para que o equipo estremeño marcase diferenzas. Álvaro Ramón abriu a conta no minuto 22 cun disparo cruzado. Sen demasiado tempo para a reacción, un balón extraviado no centro do campo posibilitou o disparo de Larrubia que sorprendeu a Álvaro Cortes.

O equipo de Señor non se presentou en ataque ata a media hora, con esta ocasión de Abelenda e o posible penalti sobre Javi Robles na continuación. Hai unha semana o Mérida puido co Rácing a grazas á súa fortaleza na estratexia. Nun córner chegou o terceiro. Na pugna con Meléndez foi Miguel Román o que enviou á súa portería. A única boa nova da primeira parte foi estra. Segundos despois do 0 a 3 marcou Brais Abelenda, cargando de esperanza toda a segunda metade.

Pero non era a tarde para as xestas épicas. No segundo tempo regresou a contundencia do Mérida. Fixo o 1 a 4 Larrubia, o segundo na súa conta, Minuto 51. E seis despois incrementouse o castigo co tanto de Dani Sandoval, ao recoller o rexeitamento do gardameta do Pontevedra. Logo de tres xornadas de ledicia en Pasarón, os granates reciben un novo golpe anímico, o máis duro, na súa loita pola permanencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos