Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dura derrota do Cangas en Alacante (34-24)

Dura derrota do Cangas en Alacante (34-24)

Os do Morrazo caen na pista dos alacantinos que eran os últimos clasificados da Asobal

Estrea con vitoria do galego Roi Sánchez no banco local

@eonalicante @eonalicante
G24.gal 07/11/2025 22:24

O Balonmán Cangas caeu na pista do Eon Alacante e complica a súa situación clasificatoria na liga Asobal. Os de Quique Domínguez foron superados desde o inicio do partido polo equipo da comunidade valenciana onde se estreaba coma adestrador o técnico galego Roi Sánchez.

Os galegos estiveron por diante no marcador ata o minuto dez, onde chegaron cun 4-5 favorable, pero o bloqueo ofensivo que sufriron levou os do Morrazo a chegar o descanso cunha desvantaxe de 5 goles (16-11). Na segunda metade non chegou a esperada reacción dos azulóns que aínda se foron afundindo pouco a pouco no marcador ata rematar perdendo por esa ampla diferenza de dez goles (34-24). Santi López foi o máximo goleador dos galegos anotando seis tantos. 

Con este resultado ambos equipos igualan a catro puntos na clasificación preto dos postos de descenso dependendo dos resultados que acontezan no resto da xornada

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar