Dúbidas polos axustes da temperatura do plan de aforro enerxético do Goberno
A temperatura que marca o novo decreto non se axusta á lexislación laboral
A lexislación establece que a temperatura nos centros laborais ten que axustarse en función do tipo de traballo.
As dúbidas xorden porque a temperatura que establece a normativa de prevención de riscos laborais non coincide coa que impón o novo plan enerxético aprobado polo executivo central que di que o aire acondicionado non debe baixar dos 27 graos.
Os expertos sinalan que priman os dereitos de saúde dos traballadores que recolle a lexislación laboral para evitar riscos.
Os expertos sinalan que priman os dereitos de saúde dos traballadores que recolle a lexislación laboral para evitar riscos.
O Goberno aclarou que o decreto se aplicará coa flexibilidade que corresponda, mentres nas empresas de prevención de riscos laborais reciben numerosas consultas sobre como aplicar a nova normativa.
A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, garante que o plan de aforro enerxético respectará as condicións laborais e terá o mínimo impacto posible na produtividade das empresas. Di que son medidas asumibles e lamenta que se poña o foco nas posibles sancións.
O PP fala dun plan imposto que non gusta a ninguén. Eles propoñen máis concienciación e unha aposta clara polas centrais nuclares e de carbón.