Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas morren e tres resultan feridas graves nun accidente en Huesca

Dúas persoas morren e tres resultan feridas graves nun accidente en Huesca

O accidente produciuse no municipio de Ilches, onde chocaron unha furgoneta e un camión 

Os tres feridos foron trasladados ao Hospital de Barbastro (Huesca) e o condutor do camión resultou ferido leve 

Imaxe de accidente na A-1223 /Fonte: Garda Civil Imaxe de accidente na A-1223 /Fonte: Garda Civil
G24.gal 02/06/2026 11:39 Última actualización 02/06/2026 12:31

Dúas persoas que viaxaban nunha furgoneta faleceron e outras tres resultaron feridas de gravidade, entre elas o condutor, tras chocar contra un camión este martes na estrada A-1223, á altura municipal de Ilche (Huesca). O condutor do vehículo pesado sufriu feridas leves, segundo informou a Garda Civil. 

O sinistro produciuse arredor das 8:45 horas no punto quilométrico 9 da vía que conecta os municipios de Monzón e Poleñino. Os tres feridos graves foron trasladados en ambulancias medicalizadas do 061 ao Hospital de Barbastro. 

Os falecidos serán trasladados ao Hospital Provinical de Husca, sede do Instituto de Medicina Legal. Mentres, a estrada A-1223 continúa totalmente cortada ao tráfico e habilitouse un itinerario alternativo para autovía A-22 e a estrada N-240. 

Ata o lugar desprezáronse efectivos da Garda Civil, bombeiros, servizos sanitarios e persoal de mentemento de estradas. O equipo de sinistros viarios da Garda Civil de Huesca investiga as causas do accidente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade