Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas persoas falecen en senllos accidentes de tractor en San Amaro e Covelo

Dúas persoas falecen en senllos accidentes de tractor en San Amaro e Covelo

O falecido en San Amaro caeu dun remolque a causa dunha fochanca e bateu contra a calzada

O finado en Covelo envorcou o tractor que manexaba nunha leira

G24.gal 09/08/2022 20:05

Emerxencias de Galicia informou na tarde deste martes do falecemento de dúas persoas en senllos accidentes con maquinaria agrícola. 

Un deles ocorreu en Grixoa, en San Amaro, pasadas as 17:00, onde un home faleceu a causa dunha caída desde o remolque dun tractor. Segundo confirmaron os axentes de Garda Civil, foi unha fochanca o que provocou a caída do home contra a calzada.

O outro foi en Covelo, onde morreu o condutor dun vehículo agrícola despois de envorcar nunha leira do lugar de Barcia. Ao lugar trasladáronse os profesionais sanitarios, unha patrulla da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar