Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas novas frecuencias reforzan a liña de autobús O Carballiño-Ourense

Dúas novas frecuencias reforzan a liña de autobús O Carballiño-Ourense

O novo servizo de ida será ás 12.20 h; o de volta, ás 13 horas 

Os cambios aplicaranse a partir do 8 de agosto os sábados, domingos e festivo

As novas frecuencias serán os fins de semana e festivos
G24.gal 05/08/2026 14:31

Os viaxeiros da liña O Carballiño-Ourense de autobús terán unha nova alternativa para viaxar os sábados, domingos e festivos. Ata agora había dúas opcións para a viaxe de ida ás 10:15 da mañá e ás 19:45 da tarde, e outras dúas de volta, ás 10:45h é as 20:30 h. Agora engádese unha frecuencia ás 12:20 da mañá desde O Carballiño e ás 13 h do mediodía desde Ourense

"Creo que é unha medida de axuda o servizo público porque é xusto para os días con menor ocupación", di Manuel Carballada, administrador de A Montañesa.

Reaxuste horario

Os cambios cobren unha franxa pouco atendida no servizo e non coinciden cos horarios do tren.

Outra medida que se adopta é axustar os horarios da mañá pensando nos traballadores e nos escolares. Do Carballiño, a saída dos autobuses será ás 7:45 h; de Ourense, ás 8:30 h. Esta mañá, moitos dos viaxeiros descoñecían os cambios.

"Sóubeno esta mañá de que ían ampliar as saídas uns minutos", di un mozo.

"É excelente porque hai moitas persoas que utilizamos o servizo e é bo que ampliaran o sábado e domingo porque se non non hai forma de saí da vila", comenta unha viaxeira.

A Montañesa é a concesionaria da liña O Carballiño-Ourense desde 2017 A Montañesa é a concesionaria da liña O Carballiño-Ourense desde 2017

A liña O Carballiño-Ourense comezou a funcionar en 2017, cando se aprobou o Plan de Transporte Público de Galicia . A empresa concesionaria di que a liña ten demanda e que nos últimos anos vai a máis.

"Nos últimos seis rexistráronse máis de 30.000 viaxeiros polo que no ano hai entre 50.000 e 60.000 usuarios da liña", calcula Manuel Carballada, administrador de A Montañesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade