Dúas medallas galegas na proba das series mundiais de loita celebrada en Silgar
Lydia Pérez, en menos de 70 kg, logrou o bronce e Cora Ayude, en máis de 70, acadou a prata
Durante o domingo vimos na nosa segunda canle a segunda proba das series mundiais de loita praia, que tivo lugar no areal de Silgar.
Disputáronse en Sanxenxo as finais nas distintas categorías, tanto femininas coma masculinas. Loitadores de vinte países pelexaron polas medallas. E dúas delas foron para representantes galegas. Lydia Pérez, en menos de setenta quilos, logrou o bronce, e Cora Ayude, en máis de 70, conseguiu a prata.
As súas actuacións contribuíron a que o equipo feminino español lograra o segundo posto, por detrás de Ucraína. En categoría masculina, España foi a terceira. O evento terminou coa celebración dos oito gañadores individuais na praia de Silgar.