Cargando resultados...
Dúas galegas, galardoadas coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes
Trátase de Chelo Loureiro e Encarna Lago

G24.gal
23/12/2024 21:52
Este luns coñecemos os galardoados coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes. Dous dos premios veñen para Galicia.
Unha das galardoadas é a produtora cinematográfica Chelo Loureiro. Especializada en animación, Chelo Loureiro, ten ademais, entre outras distincións, catro premios Goya.
O outro galardón é para Encarna Lago, xerenta da Rede Museística Provincial de Lugo, recoñecida, polo seu apoio a proxectos de inclusión e accesibilidade.
Recibirán tamén a medallas outras 36 personalidades, como Elvira Lindo, Maribel Verdú ou Camela.