Dragan Bender sofre unha lesión no ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo
A próxima semana repetiranse probas para coñecer o alcance e saber se o dano é total ou parcial, o que determinará se terá que pasar polo quirófano

Dragan Bender sofre unha lesión no ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo. A próxima semana repetiranse probas para coñecer o alcance e saber se o dano é total ou parcial, o que determinará se terá que pasar polo quirófano.
Segundo puido saber a Televisión de Galicia, a lesión é no mesmo xeonllo onde tivo a lesión no Maccabi. No mellor dos casos estará entre un e dous meses de baixa. No peor dos casos, despídese da temporada.
Este é o comunicado do Obradoiro:
"As probas médicas realizadas determinaron que o xogador do Monbus Obradoiro, Dragan Bender, sofre unha lesión na plastia do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo. A próxima semana repetiranse para coñecer o alcance definitivo e saber se o dano é total ou parcial, o que determinará se terá que pasar polo quirófano. O pivote obradoirista magoouse nun salto nos minutos finais do partido da pasada fin de semana na pista do Surne Bilbao Basket"