Dous viaxeiros ebrios obrigan a interromper un tren entre Vigo e Ponferrada
Intentaron agredir o maquinista tras seren recriminados por fumar a bordo
Os pasaxeiros tiveron que continuar a viaxe en autobús desde San Clodio

Os pasaxeiros dun tren rexional exprés que cubría o traxecto entre Vigo e Ponferrada tiveron que finalizar a viaxe en autobús tras un altercado protagonizado por dous viaxeiros ebrios.
Os individuos estaban a fumar no interior do tren e o maquinista intentou desaloxalos na parada de Freixeiro, no municipio lugués de Quiroga.
Foi nese momento cando os viaxeiros trataron de agredilo. O maquinista refuxiouse na cabina e deu aviso aos seus superiores, que solicitaron a intervención das forzas de seguridade.
O maquinista, visiblemente afectado polo ocorrido, decidiu trasladar o tren ata San Clodio. Desde alí, Renfe habilitou un autobús para que o resto dos pasaxeiros puidesen continuar a viaxe ata Ponferrada.
Os feitos ocorreron o pasado domingo.