Cargando resultados...
Unha parella de Sada morre no accidente de dous camións en Valladolid
Ambos os dous vehículos arderon case por completo
Restos dos vehículos accidentados
G24.gal
21/10/2023 18:24
Última actualización 21/10/2023 20:33
Unha parella de Sada faleceu nun aparatoso accidente rexistrado esta madrugada en Valladolid. Foi nun choque frontal entre dous camións na A-6, dirección A Coruña, á altura de Villanueva de los Caballeros.
Un dos vehículos saltou a mediana e invadiu o sentido contrario. Tras a colisión, incendiáronse case por completo. Morreron os dous ocupantes dun dos camións, un home e unha muller de Sada que compartían profesión e viaxaban xuntos.
O condutor do outro vehículo pesado quedou ferido de gravidade e foi trasladado a un centro hospitalario.
