Cargando resultados...
Dous galegos percorren o mundo en moto
Comparten as súas experiencias na conta de Vaghamundos nas redes sociais
G24.gal
16/04/2026 11:46
Laura e Coti son unha parella, de Cambados e Bueu, que levan dous anos percorrendo o mundo en moto. Din que levaban toda a vida querendo dar a volta ao mundo. E non sabían como. Ata que se decidiron, case sen ter contacto previamente con ese mundo moteiro.
Dende xaneiro están en África. Na mochila cargan sobre todo experiencias positivas. Moita hospitalidade, que compensa os problemas que van atopando polo camiño.