Dous detidos por violar unha nena de 14 anos nos aseos dun supermercado en Alacant
Dous detidos por violar unha nena de 14 anos nos aseos dun supermercado en Alacant
A menor estaba soa nos aseos do establecemento e foi abordada polos dous detidos, segundo publica un diario local
A policía detivo dous mozos de 22 anos pola presunta violación a unha nena de 14 anos este martes nos aseos dun supermercado en Alacant.
Fontes próximas á investigación informaron a EFE de que os mozos están acusados dun delito de agresión sexual.
A violación ocorrería sobre as 16:00 horas nos aseos dun supermercado do barrio do Pla, onde a menor estaba soa e foi abordada polos dous individuos, segundo adianta o diario Información.
Tras a agresión sexual nos aseos, os dous homes seguiron ameazando a vítima cun coitelo e trasladárona aos arredores onde, segundo o xornal, volveron agredila sexualmente.
Os dous arrestados atópanse na Comisaría Provincial de Alacant, á espera de pasaren a disposición xudicial.