Cargando resultados...
Dous detidos nunha operación antidroga na Coruña
Non se desbotan novas detencións

G24.gal
10/06/2022 14:44
A Policía Nacional desartellou esta mañá un punto de venda de droga. Foi no baixo do número 5 da rúa San Xosé, moi próxima á praza de España.
A Policía Nacional desprazouse ata alí con cans adestrados na procura de substancias estupefacientes e realizaron unha redada antidroga. Os axentes prenderon dúas persoas e non se desbota que nas próximas horas haxa novas detencións.
Trátase dun dispositivo máis dos que se están a realizar na cidade nos últimos meses co obxectivo de desartellar os puntos de venda de droga polo miúdo.