Dous deportistas cruzan en Sudáfrica a corda frouxa de Waterval Boven a 250 metros de altura
A corda de 1,2 quilómetros de extensión está instalada a 250 metros de altura sobre o canón
Establecen unha marca no continente africano tras realizar o percorrido máis longo instalado no continente africano
Incrible cruzamento en Sudáfrica por parte de dúas persoas sobre unha corda frouxa suspendida a 250 metros de altura sobre un canón. Son dous intrépidos deportistas surafricanos que realizan a fazaña de cruzar Waterval Boven sobre unha corda frouxa de 1,2 quilómetros de extensión e instalada a 250 metros de altura sobre o canón.
Establecen con esta arriscada experiencia deportiva, ou mesmo circense, unha nova marca tras facer o percorrido máis longo instalado no continente africano. Sen dúbida, un exercicio de concentración e equilibrio apto para moi poucos.