Unhas setenta persoas xúntanse todos os domingos para correr na Coruña
A promotora da quedada é unha adestradora persoal italiana que quería coñecer xente nova
Os domingos a fonte dos surfistas da Coruña é punto de reunión para un grupo cada vez máis numeroso de deportistas que queda para correr e socializar.
A artífice do encontro é Adele, unha adestradora persoal italiana que decidiu crear un club de running para coñecer xente nova e compartir un estilo de vida saudable.
O primeiro día apenas eran dez corredores, pero a proposta foi sumando adeptos e agora hai domingos que se xuntan case oitenta.
"Eu levo un mes correndo e vino como unha oportunidade. Correr soa ás veces é aburrido e non e te comprometes tanto", comenta Raquel, que coñeceu a existencia do club a través das redes sociais.
Móveos o deporte, pero tamén as ganas de coñecer xente coas mesmas afeccións e intereses. O club está a piques de cumprir un ano, doce meses de carreira compartida polo paseo marítimo da Coruña que propiciou novas amizades
"É un plan social que lle permite á xente coñecer novas persoas facendo unha actividade conxunta, na que as conversacións xorden de forma máis espontánea", explica Adele Webber, fundadora de Run de Coast Coruña.
"Fas deporte, liberas endorfinas e socializas con xente que ten os mesmos intereses ca. Eu son unha persoa moi sociable e gustoume a posibilidade de coñecer xente nova", comenta Paula, que leva poucos meses correndo.
A maioría teñen entre vinte e cinco e trinta e cinco anos, pero Run the Coast Coruña é para calquera que estea aberto a unha experiencia que non remata ao completar os quilómetros do percorrido.
Superado o reto, toca compartir almorzo e conversas ao redor dunha mesa ben provista de viandas.
