Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous cruceiros atracaron este sábado no porto de Vigo

Dous cruceiros atracaron este sábado no porto de Vigo

Esta semana hai sete escalas con 22.000 visitantes

G24.gal 23/04/2022 14:30

Os cruceiros baten marcas esta semana en Vigo con sete escalas e 22.000 visitantes a bordo. O dato deste mes de abril con quince escalas supera xa o prepandémico 2019 , en que tan só houbo dez escalas.

Os cruceiristas arremuiñábanse esta mañá arredor do porto e a carón dos autobuses que fan tours guiados pola cidade ou que levan os turistas a outros puntos da xeografía galega ou do norte de Portugal.

 Este sábado estiveron na cidade o Celebrity Silhouette e o Amera. Mañá será a quenda do MSC Preziosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade