Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous camións implicados en senllos accidentes en Vigo e Ames

Dous camións implicados en senllos accidentes en Vigo e Ames

Un camión envorcou tras golpear contra unha ponte en Bembrive

Outro camión envorcou e caeu por un terraplén duns 15 metros de altura no Milladoiro

Os condutores quedaron feridos leves

G24.gal 19/09/2022 11:32

Aparatoso accidente dun camión esta mañá na parroquia viguesa de Bembrive. Ocorreu pouco antes das 8 e media, no quilómetro 13 da VG-20.

O camión que se dirixía cara a Vigo, levaba a caixa abatible levantada e ao pasar por debaixo dunha ponte quedou enganchado. Co impacto, o vehículo acabou envorcado na vía. Ao lugar do suceso trasladáronse urxencias médicas, a Policía Local, o Servizo de Mantemento de Estradas e a Garda Civil de Tráfico.

Como consecuencia do sinistro producíronse importantes retencións. O condutor do camión quedou ferido, pero o seu estado non reviste gravidade.       

Non foi o único accidente de camión rexistrado hoxe nas estradas galegas.
No Milladoiro, no concello de Ames, outro camión envorcou e caeu por un terraplén duns 15 metros de altura. O condutor non sufriu feridas graves, malia a aparatosidade do sinistro.

Conducía pola AP-9 e saíu da vía pola marxe dereita. Varias árbores e o muro dunha casa frearon o vehículo e evitaron que as consecuencias fosen maiores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade