Publicador de contidos
Publicador de contidos

Domingo de neve na montaña de Lugo e Ourense, coa cota nos 800 metros

Domingo de neve na montaña de Lugo e Ourense, coa cota nos 800 metros

Lugares como Pedrafita do Cebreiro ou Manzaneda estiveron especialmente concorridos

G24.gal 03/03/2024 09:54 Última actualización 03/03/2024 21:11

Galicia permaneceu este domingo baixo a influencia das baixas presións con réxime de ventos de compoñente oeste. O ceo estivo anubrado, con precipitacións intermitentes que foron de neve en cotas arredor dos 800 metros.

As montañas de Lugo e Ourense, en aviso amarelo ata as seis da mañá por acumulación de neve, estiveron brancas durante toda a xornada. Malia todo, non houbo problemas salientables na rede viaria.

Lugares como Pedrafita do Cebreiro ou Manzaneda estiveron moi concorridos durante toda a fin de semana. 

Provincia de Lugo

Pedrafita do Cebreiro cuberta de neve é un destino que seduce para pasar o domingo. Situada a máis de mil metros de altitude, era unha aposta segura para gozar da folerpada.

Este domingo tamén nevou na Fonsagrada e no alto da Gañidoira, a pouco máis de vinte quilómetros do mar. 

Provincia de Ourense

O termómetro chegaba con dificultade aos cero graos en Chandrexa de Queixa. Tempo frío e unha paisaxe da que moitos querían gozar este domingo.

Un aviso amarelo advertía de nevaradas no sur e a montaña da provincia de Ourense e abofé que non erraron.

En Manzaneda un problema técnico impediu a apertura da estación á hora prevista o que provocou esperas e longas ringleiras

Malia que a primeira hora da mañá chegou a haber refachos de 160 quilómetros por hora, o vento amainou para que todo o mundo puidera gozar da xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar