Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doar órganos é "permitir que siga a vida", segundo un transplantado do corazón hai 24 anos

Doar órganos é "permitir que siga a vida", segundo un transplantado do corazón hai 24 anos

Un veciño de Viveiro de 53 anos, que leva 24 cun transplante de corazón, anima a todo o mundo a que permita os transplantes

España superou os 6.400 transplantes en 2024
 

G24.gal 12/10/2025 14:40

Un veciño de Viveiro de 53 anos, que leva 24 cun transplante de corazón, anima a todo o mundo a que permita os transplantes no caso de verse na situación de ter que decidir se se doan ou non os órganos dun ser querido. "A esa persoa non imos poder devolverlle a vida, pero co transplante dos seus órganos si que se pode axudar a que outras seis persoas, ou máis, sigan con vida".

Santi pertence a Detradi Galicia, unha asociación formada por transplantados e por persoas que están con diálise, e dende a que se promove o deporte e a alimentación saudable para todos, en xeral, pero especialmente para este colectivo, algo que, ademais, xa aconsellan na maioría dos casos os médicos. Membros desta asociación compiten mesmo en probas europeas.

Ao longo da conversa con Santi, este falounos varias veces do agradecemento que sentía cara a unha familia que, nun momento tan difícil e doloroso como é o da morte dun ser querido, foi capaz de ser "xenerosa e solidaria" e ceder os órganos desa persoa para unha doazón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar