Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diversión temeraria en Ourense

Diversión temeraria en Ourense

Como se dun tobogán xigante se tratase, un grupo de mozos treparon pola pasarela das termas de Outariz, a máis de trinta metros sobre o río

A arriscada fazaña causou estupor e preocupación entre os usuarios das pozas, que captaron a escena cos seus móbiles

G24.gal 27/02/2023 19:47 Última actualización 27/02/2023 20:40

A imaxe que gravaron os usuarios das termas hai só uns días é inquietante: tres mozos duns vinte anos camiñando polo arco da pasarela peonil, a uns quince metros sobre o nivel da ponte e o dobre con respecto ao río Miño.

Quique Camoeiras, voceiro de Amigos das Termas e testemuña: "Puxéronse a bailar, incluso un deles tumbouse cos pés para fóra. Achegueime a eles cando baixaron para dicirlles que o que facían era unha barbaridade porque non só se poñen eles en perigo, senón a calquera que pase pola pasarela e lle caian enriba".

Ocorreu contra as catro da tarde, a plena luz do día e perante numerosas testemuñas: os usuarios e tamén os vixilantes das termas de Outariz e da Burga que Canedo intentaron disuadilos polo risco que entrañaba a súa peripecia.

Segundo usuarios habituais das termas, xa o fixeran o día anterior. Con eles ía unha moza que quedou no primeiro treito, o que moitos outros rapaces usan habitualmente como tobogán. "De feito, o principio do arco da pasarela está medio pelado de subiren os rapaces", explica Camoeiras.

Neste caso, son un grupo de mozos estranxeiros que estaban de paso en Ourense, polo que os usuarios das termas confían en que a temeraria ocorrencia non se repita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade