Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispáranse os problemas de saúde mental relacionados co traballo

Dispáranse os problemas de saúde mental relacionados co traballo

Unha enquisa apunta á sobrecarga laboral como o principal motivo

Unha camareira atende unha concorrida terraza da capital
Félix Aragunde 09/01/2025 20:35 Última actualización 09/01/2025 20:49

Preto do 30 % dos problemas de saúde mental da poboación ocupada están relacionados directamente co traballo, segundo datos da principal plataforma de emprego.

Ademais, durante o último ano, o 42 % dos traballadores afirmaron sufrir algún tipo de sintomatoloxía en relación cos trastornos mentais. É dicir, o dobre con respecto á anterior enquisa, de 2021, en boa medida grazas a unha sociedade máis concienciada.

Branca Francisco de Araújo, psicóloga: "Temas que, como traballadora, hai dez anos non os pensaba, coma o trato dun compañeiro ou un xefe ou coma a carga de traballo, ao mellor daquela tíñaos normalizados".

O principal motivo dos problemas de saúde mental no eido profesional, en dous terzos dos casos, é a sobrecarga de traballo. Nun efecto búmerang, dende a Seguridade Social cifran en máis de medio millón as incapacidades temporais relacionadas con este tipo de doenzas.

Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia: "É agora mesmo un dos motivos principais de baixa laboral. Todo o que altera as emocións afecta dunha maneira moi importante as persoas, o que fai necesaria unha baixa". 

Segundo o informe anual do Ministerio de Sanidade, unha de cada tres persoas padece algún tipo de problema de saúde mental.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade