Publicador de contidos

Dispárase o prezo dos novos contratos no mercado libre da luz

Dispárase o prezo dos novos contratos no mercado libre da luz

Os clientes do mercado libre están comezando a recibir as cartas para renovar os seus contratos, con subas que van do 54 % nas horas punta de consumo ata o 88 % nas máis baixas

G24.gal 04/11/2021 17:05

As asociacións de consumidores din que as queixas polas facturas da luz aumentaron nun 90 % e advirten os clientes que estean atentos porque as empresas están tratando de atraer clientes ao mercado libre sen informar dos efectos do cambio.

A suba do prezo da luz comeza a trasladarse aos clientes do mercado libre. Os datos recollen que hai uns 13 millóns de clientes acollidos ao mercado libre, onde a comercializadora establece un prezo recollido no contrato. É precisamente esa cantidade a que está aumentando ata un 75 % nas renovacións dos contratos, unha suba que anima a moitos a cambiar de tarifa.

As asociacións de consumidores denuncian falta de transparencia por parte das empresas comercializadoras e advirten os clientes de que revisen ben as condicións dos novos contratos se teñen que renovalos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos