Publicador de contidos

Publicador de contidos

Discos do Noroeste, un mercado de música en vinilo no Festival Noroeste

Discos do Noroeste, un mercado de música en vinilo no Festival Noroeste

G24.gal 12/08/2022 22:26

Na era da música dixital e o streaming, o vinilo colle folgos e cada vez son máis frecuentes as feiras discográficas como a que este fin de semana acolle o mercado coruñés de San Agustín, dentro do Festival Noroeste.

Entre o público, moitos nostálxicos. "A min lémbranme a infancia. Con 10 anos xa escoitaba vinilos e quedei aí estancada no vinilo".

Pero tamén xente nova que aprecia este formato. Adolescentes dinnos que "gústame o grupo The Smiths e estou intentando buscar un disco. Buscamos grupos dos 80 que nos gustan como Queen ou Abba".

Outros menos novos aseguran que consomen diversidade de formatos musicais, pero á hora de mercar música prefiren facelo en formato físico. Consideran que o vinilo é algo especial.

Nonito Pereira Rey, presidente da Asociación musical Nonito Pereira considera que "o máis sorprendente de todo e que fai albergar maior ilusión é que hai novos públicos. Xente nova que lle está a dar valor aos discos".

Esta primeira edición de Discos do Noroeste ofrece ata 15.000 referencias. A maior parte son pezas de segunda man, pero tamén hai outras propostas como "un espazo para discos autoeditados, é dicir, cando os propios grupos sacan os seus discos e teñen dificultades para distribuílos. Aquí temos un espazo para eles e tamén para selos independentes", explica Nonito Pereira Rey.

Detrás desta iniciativa está a asociación musical que leva o nome do xornalista e promotor musical coruñés Nonito Pereira, un dos pais do Festival Noroeste. Este mercado é tamén un tributo ao seu labor a prol da música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar