Diego Villares prorroga o seu contrato co Deportivo ata xuño de 2028
O capitán amplía por una temporada o compromiso que tiña co conxunto herculino
203 partidos oficiais, 15 goles e 7 asistencias os numeros do vilalbés desde que subiu ao primeiro equipo
Segunda ampliación de contrato que anuncia o Deportivo nesta semana. A de Adriá Altimira hai que sumar a de Diego Villlares. O vilalbés prorrogou o seu contrato co equipo herculino unha temporada máis e seguirá vencellado ata xuño de 2028. O capitán estreouse co primeiro equipo na temporada 2020-21, na Primeira Federación. Foi nun partido disputado no Campo do Vao ante o Coruxo, na extinta segunda división B, e da man de Rubén de la Barrera.
Desde ese día Villares sumou duascentas tres presenzas co primeiro equipo, anotando quince goles e dando sete asistencias. Esta temporada cumprirá o soño de debutar na máxima categoría do fútbol español ademáis cos galóns de capitán no equipo que adestra Antonio Hidalgo.
O club destacou o simbolismo que ten a renovación do "8" branquiazul:
"A súa renovación ata 2028 simboliza tamén a continuidade dunha identidade. A dun futbolista que chegou desde ANOSACANTEIRA, abriu camiño co traballo diario e se converteu nun dos grandes emblemas do vestiario branquiazul"