Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego As e Karol Farias apostan pola reciclaxe de roupa con valor engadido

Diego As e Karol Farias apostan pola reciclaxe de roupa con valor engadido

Os dous creadores apostan por un proxecto para reducir, reciclar, reutilizar pezas que eran refugallos

G24.gal 21/12/2025 14:13

O muralista Diego As e a deseñadora Karol Farias unen os seus talentos e póñenos ao servizo do planeta, dándolles un valor engadido ás pezas de roupa que eran refugallos e que deste xeito teñen nova vida.

Trátase dun proceso no que se combina a confección de novos modelos empregando como materia prima pezas vellas e que conforman un lenzo no que Diego As debuxa trazos que acaban de completar o sentido desta roupa.

Para ambos os creadores este traballo en conxunto supón unha achega en contra da deterioración dun planeta tan sobrecargado de moda rápida, case de usar e tirar, e convidan a que nos preguntemos o que pasa coa roupa da que nos desafacemos, para que sexamos conscientes de que non desaparece por arte de maxia; todo o contrario, xa que está supoñendo un problema enorme para o planeta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar