Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercar lotaría o último día, entre a tradición e a superstición

Mercar lotaría o último día, entre a tradición e a superstición

A terminación do 5 e do 7 xa só se poden conseguir en décimos soltos que queden nalgunha administración

Segue habendo "números bonitos" que se esgotan cedo e "feos" que non se venden

G24.gal 21/12/2025 14:24 Última actualización 21/12/2025 14:38

Xa só quedan unhas horas para mercar lotaría, e os que deixaron as compras para última van comprobar que hai terminacións que xa son moi difíciles de conseguir. O 7 e o 5  só se atopan nas administracións onde queda algun décimo en papel, de máquina xa non hai.

Sabemos que os 100.000 números que van ao bombo teñen a mesma probabilidade de saír pero aínda así todos os anos se dá a mesma situación. Os que lles chaman "bonitos" esgótanse mentres que os "feos" van de volta. Cando se deixa para o último día a escolla... xa non se pode elixir tanto.

"A min gústame o 5 e xa non o había e o 7 tampouco. Díxenlle que me dese ao azar e tamén vale"

"Comprei do que saía da máquina porque xa é a última hora. A ver se toca aquí"

E entre as moitas supersticións que hai neste xogo unha delas é precisamente vir mercar o último día. 

"Todos os anos o fago, vir o día anterior da lotaría comprar un décimo. Nunca me tocou e algún ano tocará. Fágoo sempre"

"Sempre a collo aquí por tradición e son dos que deixa as cousas para o último día. E hoxe dixen, a ver se vai tocar e non comprei"

Ata personaxes coñecidos destas datas, que andan moi atarefados, puidemos ver hoxe buscando lotaría. Nesta administración xa non quedan décimos físicos, e déixase a sorte nas mans da máquina. 

"Viñemos correr a carreira de Papá Noel e agora temos que levar a sorte con nós", asegura un Papá Noel corredor

E á hora de administrar, hai quen reparte e tamén quen garda todo para si.

"A lotaría non se comparte. Hai outras cousas que si pero a lotería non. Eu collo para min e para a muller e pouco máis"

"A min gústame compartir un décimo para cada un da familia, pero nunca toca. A ver se este ano temos sorte e mañá podemos estar aquí"

Que así sexa, que caia repartida e que deixe algo tamén aquí. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade