A EPOC, unha enfermidade cun 73 % de infradiagnóstico
A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica non ten cura, pero é previsible e tratable
Un diagnóstico precoz mellora a calidade de vida
Este martes é o Día Mundial da EPOC, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. A pesar de ser a terceira causa de morte a nivel mundial ten un altísimo infradiagnóstico.
En Galicia, o 73 % dos pacientes non están diagnosticados, en moitos casos por descoñecemento da propia enfermidade e dos síntomas.
A espirometría é proba para detectar unha enfermidade que afecta o 12 % da poboación e chega en estado avanzado ás consultas, mesmo por medo aos diagnósticos.
Carlota Rodríguez García é a pneumóloga responsable da Unidade EPOC grave de alta complexidade no CHUS, e explica: "Como todas as enfermidades collidas a unha etapa precoz o que pode é resolver con diferentes tratamentos e medidas de saúde, non tabaquismo e actividade física levar unha vida normal".
A EPOC non ten cura, pero é previsible e tratable
"Todos aqueles fumadores ou exfumadores maiores de 40 anos, que teñan algún tipo de sintomatoloxía como sensación de falta de alento, deixar de facer actividades que facían previamente ou que teñan tose, con flema ou sen flema, debería ir o seu médico de cabeira", recomenda a pneumóloga Carlota Rodríguez.
Campañas coma esta do Día Mundial da EPOC buscan sensibilizar e combater o diagnóstico tardío.