Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día grande nas festas do San Froilán con milleiros de visitantes

Día grande nas festas do San Froilán con milleiros de visitantes

As casetas do polbo estiveron ateigadas durante toda a xornada

O concerto de Zahara pecha os actos do día

G24.gal 05/10/2022 19:24 Última actualización 05/10/2022 19:36

Lugo recuperou hoxe toda a esencia das festas do San Froilán no día do seu patrón.

O tempo solleiro encheu as rúas durante todo o día.

E é que os visitantes, pero sobre todo os veciños de Lugo, xa tiñan ganas de volver desfrutar das festas coa normalidade de antes da pandemia.

Sen dúbida, onde máis se percibiu a xornada grande foi nas casetas do polbo.

Estiveron ateigadas dende as doce da mañá sen case interrupción entre o xantar e a cea.

Esta é unha das tradicións que mellor identifican o San Froilán e volveu con toda a forza.

A festa non para, e este xoves están programadas nove actividades principais, ademais das permanentes, e ducias de secundarias.

E é que hai ganas dunha festa que aínda vai durar unha semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade