Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día de feira solidaria no colexio Fogar de Carballo

Día de feira solidaria no colexio Fogar de Carballo

Puxéronse á venda produtos cultivados ou elaborados por alumnos e alumnas e o recadado destinarase á asociación Mi Princesa Rett, dedicada á defensa de pacientes desa síndrome nerviosa

Imaxe da apertura da feira solidaria celebrada este martes no CEIP Fogar de Carballo
G24.gal 20/06/2023 14:19

Cos produtos listos e o persoal preparado, numerosas persoas agardaban desde minutos antes das dez e media da mañá a apertura para ir vendo a oferta dos distintos postos.

Porque este martes foi día dunha feira con características atípicas de mercado. Empezando polo lugar: o recinto do colexio Fogar de Carballo, con produtos cultivados ou elaborados por alumnos e alumnas, e sobre todo pola finalidade que terán os cartos que recaden.

"É unha feira solidaria vencellada cun proxecto escolar neste curso, 'Fogar de Troula', sobre as festas en Galicia, e fomos preparando cousiñas que tiveran que ver con esa temática", di José Antonio Vázquez, titor de segundo de primaria.

Arantxa Cotelo, que é titora tamén no CEIP Fogar de Carballo, conta que "no colexio temos un horto e durante todo ano facemos o que podemos para cultivalo. E o que se produce, sae aquí á venda".

Concienciar no fomento do voluntariado para axudar desinteresadamente. Ese é o obxectivo desta feira escolar e, logo, canto máis vendan, mellor. A asociación Mi Princesa Rett, dedicada á defensa de pacientes desa síndrome nerviosa, é a destinataria da facturación.

Roi, alumno de sexto de primaria, lembra a finalidade dos cartos que consigan das vendas e Daniela, desde o mesmo posto dedicado ás matemáticas, fálanos do que ofrecen.

Na feira escolar do Fogar de Carballo tamén vimos colaboración coa Cruz Vermella, mediante o troco de libros por alimentos.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade