Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dezanove salas galegas en que celebrar esta semana a XXI Festa do Cine

Dezanove salas galegas en que celebrar esta semana a XXI Festa do Cine

Ata o xoves, ir ao cine custa o mesmo que a finais dos anos noventa: tres euros e medio

Catro días para gozar á metade de prezo estreas ou éxitos recentes nunha sala de cine Catro días para gozar á metade de prezo estreas ou éxitos recentes nunha sala de cine
G24.gal 02/10/2023 21:16 Última actualización 02/10/2023 21:34

Un ano máis, volve a festa do cinema, e este ano, aínda máis fácil. As entradas puxéronse á venda o 27 de setembro en billeteiras, caixeiros e webs das salas participantes, sen que fora preciso acreditarse para compralas.

Dezanove salas de cine das principais cidades e vilas de Galicia participan nesta edición dun total de 326 en toda España.

Algúns espectadores xa gozaron das sesións do luns, primeiro día dos catro, ata o xoves vindeiro, en que as entradas estarán reducidas de prezo.

Dependendo da empresa, a rebaixa pode non incluír películas en 3D, asentos VIP ou proxeccións especiais, pero si que se poderá gozar das últimas estreas ou os grandes éxitos recentes como Barbie ou Oppenheimer.

Nesta edición número 21, o actor galego Luís Zahera, gañador dun premio Goya pola película As bestas, é un dos embaixadores desta festa do cine.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar