Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez xornadas para o final dunha 1.ª RFEF que camiña cara a un final de infarto

Dez xornadas para o final dunha 1.ª RFEF que camiña cara a un final de infarto

Empate dos catro equipos galegos nesta xornada

O Deportivo mantense como líder pero os catro primeiros están en só dous puntos

G24.gal 18/03/2024 21:58

Empate a 1 en Riazor. 0-0 do Celta Fortuna no Toralín. 2 a 2 do Arenteiro no Espiñedo. E 0-0 do Lugo no Reino de León. Catro partidos, catro igualadas. O Deportivo rabuñou un punto a última hora na casa. Barbero asinou o empate logo do primeiro partido pouco inspirado dos coruñeses en moito tempo.

O seguinte rival dos coruñeses será o Raio Majadahonda, cerraportelos da categoría, que aproveitou os erros en defensa do Arenteiro para adiantarse por dúas veces. Christian Santos, que segue a rendibilizar a súa fichaxe, asinou a igualada.

Tres puntos por detrás está xa o Lugo, que ve a promoción lonxe, a 11 de distancia logo de empatar a cero ante a Ponferradina. Trashorras segue sen coñecer a vitoria. 

Tampouco puido sumar tres o novo Celta Fortuna de Fredi, que visitaba o difícil Reino de León. Un rival directo na pelexa pola promoción co que se manteñen os catro puntos de distancia.

Nada cambia na Primeira Federación. Os empates manteñen o Deportivo como líder e o filial do Celta en zona de promoción. Tampouco muda nada para o Lugo nin para o Arenteiro. Quedan dez xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade