Dez mil turistas enchen A Palma para ver o volcán en vivo
A illa sofre o maior sismo desde a erupción do Cumbre Vieja

A coada sur do Cumbre Vieja é nestes momentos unha das máis activas do volcán da illa da Palma, algunhas das cales están a punto de chegar tamén ao mar. Desde o momento da erupción, as coadas levan arrasado 963 hectáreas e destruído case 2.700 edificacións.
Os científicos engaden que o volcán está expulsando 15.000 toneladas de dióxido de xofre diariamente, moi lonxe da cantidade que permitiría pensar na fin da erupción:
A Palma, chea de turistas que queren ver o volcán
A traxedia que viven moitos habitantes da Palma convive esta fin de semana longa coa chegada de máis de dez mil turistas para ver o volcán, ata o punto de encher case todos os aloxamentos.
O Goberno da illa puxo buses para observar o volcán desde un sitio seguro, o observatorio de Tajuya.
Tremor de 5,1 graos, o maior desde a erupción
A illa sufriu este sábado un tremor superior a cinco graos, o mais forte desde que comezou a erupción. A nube de gases e cinzas, de tres quilómetros e medio de alto, escureceu o lugar pero non impediu a actividade do aeroporto.